xoves, 12 de febreiro de 2015

Obradoiro Iniciación á interpretación por Sarabela

Dende a Concellería de Xuventude e coa intención de difundir información que poida ser do interés do seu alumnado, achego en documentos adxuntos información e ficha de preinscrición para un obradoiro de iniciación á interpretación. Poderán inscribirse mozos e mozas de 15 a 35 anos, empadroados/as en Ourense e non teñen que ter coñecementos previos na materia só gañas de iniciarse na interpretación e divertirse. É de balde. 
Se alguén mostra interés pola actividade deberá enviarnos a ficha cuberta e asinada (no caso de menores de idade requirimos autorización do pai ou nai) a iste mesmo enderezo electrónico: espazolusquinhos@ourense.es



Ningún comentario:

Publicar un comentario