sábado, 21 de febreiro de 2015

Deberes, inútiles?

Imos falar dun tema do que @s alumn@s sabedes moito: Os deberes...
Qué pensas deles?
Son útiles? Cres que che axudan a aprender máis? Cántos deberes son razoables? 
Aiquí tes algúns artigos para a reflexión:

mércores, 18 de febreiro de 2015

Visibilicemos ás mulleres

Unha muller excepcional, Concepción Arenal.
Ela chegou a ser unha figura coñecida no Século XIX, -cousa non moi doada para as mulleres e mais na súa época- pero tantas outras non o foron ou o son, mesmo hoxe en día, a pesares de ter feito tanto como calquera home e, seguramente, loitado moito mais, para merecer figurar no "Olimpo da Fama".

Por iso, mentras camiñamos cara ao 8 de Marzo imos poñer o noso graniño de area para visibilizalas.
O plan é moi sinxelo: 
Si sabes dalgunha muller galega que debera ser recoñecida polo seu talento (artístico, científico, técnico, deportivo, etc.) escribe un tuit sobre ela (menciona o seu nome, por qué se coñece e si podes, enlaza a algunha web onde falen dela) empregando o seguinte Hashtag:
Co fin de dalas a coñecer mais aló das nosas fronteiras e tamén de espallar a nosa tarefa de visibilización das mulleres, podes compartir máis - de todolos ámbitos, galegas ou non - engandindo algúns dos seguintes hashtags:

E según proceda:
Etc!

Se non se che ocorren mulleres para a nosa lista, podes investigar en Internet! 
O importante é lembralas e contribuir ao seu recoñecemento nun mundo que, gústenos ou non, sigue a ser bastante "antropocéntrico". 
E se non tes Twitter, non pasa nada, ...podes pedirllo prestado a un@ colega! ou facer unha presentación, vídeo, poster, etc. coas tuas mulleres para a historia - só ou en equipo.

Déixovos co excelente traballo dun grupo de alumnos do IES Frai Martín Sarmiento:

xoves, 12 de febreiro de 2015

Obradoiro Iniciación á interpretación por Sarabela

Dende a Concellería de Xuventude e coa intención de difundir información que poida ser do interés do seu alumnado, achego en documentos adxuntos información e ficha de preinscrición para un obradoiro de iniciación á interpretación. Poderán inscribirse mozos e mozas de 15 a 35 anos, empadroados/as en Ourense e non teñen que ter coñecementos previos na materia só gañas de iniciarse na interpretación e divertirse. É de balde. 
Se alguén mostra interés pola actividade deberá enviarnos a ficha cuberta e asinada (no caso de menores de idade requirimos autorización do pai ou nai) a iste mesmo enderezo electrónico: espazolusquinhos@ourense.es



luns, 9 de febreiro de 2015

Concursos Febreiro 2015


The Big Challenge
Concurso Mellor Periodista infantil e xuvenil 2015: 1, 2
Concurso Escolar de Debuxos sobre Dereitos Humanos 2014-15: 1, 2, 3

domingo, 8 de febreiro de 2015

"No sólo duelen los golpes"


Chega San Valentín...O día do amor romántico por excelencia...
Os medios celébrano con Test coma este : ¿Eres romántica? 
E ti? Qué pensas de esta data?

Qué é iso do amor romántico? ( Mitos )


Crepúsculo -un amor perigoso
: 1, 2

E ti, qué opinas? Cres que hai que "aguantar" por amor? Paréceche que controlarte é unha mostra de amor? Si é así, non estás só/a. Un de cada 3 xoves pensa que sí...
Tes dúbidas sobre o que é "normal" ou aceptable nunha relación de parella?
Visita a Guía "Sí me controlas no me quieres" para valorar qué é unha relación sá ou tóxica.

Xaneiro 2015 - Un tercio dos xoves españois entre 15 e 29 anos opina que é aceptable controlar a súa parella.
Non volo credes? Podedes ler ou escoitar a nova en todos estes medios
Por exemplo: 20 minutos, El País

Novas relacionadas:
7 de cada 10 adolescentes aprenden que "los celos son expresión de amor"
La violencia machista también golpea a los adolescentes
De maltratada a monologuista para enseñar a los jóvenes que "No sólo duelen los golpes":


Tamén podes votar unha ollada ao seu blogue (Enamoramiento, Maltrato psicológico)

E FELIZ SAN VALENTÍN! #modosarcasmo
Por un #SanValentinFeminista