sábado, 7 de marzo de 2015

Feliz 8 de Marzo a todas as mulleres e aos homes que defenden a igualdade

http://www.glogster.com/inmalopezsilva/escritoras/g-6krfifdt9td306u3qa569a0

Andamos a visibilizar a mulleres que , a pesares das dificultades e trabas coas que moitas tiveron que afrontar, destacaron -ou destacan-, nos distintos ámbitos da cultura ou do deporte.
Aiquí temos algunhas das que estades a lembrar en  #oteroenglish

Moi feliz Día Internacional da Muller a todas e todos os que loitan por un mundo mais xusto e...


mércores, 4 de marzo de 2015

"Apúntate unha idea"

O Concello premiará as ideas máis creativas da mocidade ourensá para previr o consumo de alcol entre menores de idade

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense convoca unha nova edición do concurso "Apúntante unha idea", que premiará as mellores propostas de lemas, accións, imaxes ou microrrelatos realizados por mozos e mozas de Ourense que aborden a problemática das presións sociais cara ao consumo do alcol e as maneiras de facerlles fronte.
Co lema "As túas ideas para desmontar o alcol importan", esta iniciativa ten como finalidade fomentar a reflexión e a crítica sobre as presións para consumir alcol, ao tempo que promover a participación da mocidade dándolle canles de expresión.
Poderán participar estudiantes da ESO do Concello de Ourense, individualmente ou en grupo, cun máximo de tres persoas, nunha ou varias das catro categorías existentes: lema, de ata 5 palabras, accións para difundilo, imaxes ou microrrelatos.
O certame está dotado cun primeiro premio consistente nun smartphone libre, e un segundo que é unha tablet. Tamén se sortearán entradas para cinema, teatro, concertos...
O xurado será designado pola Concellería. As ideas entregaranse antes do 27 de marzo aos/as titores/as ou directamente á Concellería de Saúde, rúa da Concordia, 20.
O Concello dá continuidade así a esta concurso, que xa no curso pasado contou coa participación de 250 escolares de 9 centros educativos. Daquela o tema central fora a desmitificación da imaxe social positiva do alcol, a corrección de percepcións erróneas e a diminución da percepción social da normalidade no consumo.
Mozos e mozas de Ourense presentaron un total de 2.017 traballos: o lema premiado foi "O alcol non mola: amola", de Víctor Rodríguez, de 14 anos, do centro Padre Feijóo, o debuxo premiado foi "Non te deixes atrapar", de Iria Brea, 13 anos, do IES Otero Pedraio, e as accións premiadas foron as presentadas co lema "O alcol ríese de ti (folga contra o alcol)", de Brais Outeiriño, 12 anos, da Purísima.